Manuel Rivera y Sempere
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1834 Vigo, España |
Morte | 1918 (83/84 anos) Vigo, España |
Q89547790 | Deseños de dirixibles |
Actividade | |
Ocupación | inventor, militar |
Familia | |
Cónxuxe | Pilar Atienza Ramos |
Manuel Rivera y Sempere, nado en Vigo en 1834 e finado na mesma cidade en 1918, foi un militar e inventor español que realizou diversas investigacións sobre a aeronáutica e en particular sobre o dirixible.
Traxectoria militar
[editar | editar a fonte]Manuel Rivera procedía dunha familia de militares. Ingresou na Real Academia de Artillaría de Segovia en 1852 onde permaneceu catro anos ata completar a súa formación. Foi profesor desta academia durante dous anos, entre 1858 e 1860.
En 1861 foi destinado a Filipinas. Ese mesmo ano casou con Pilar Atienza. O infante Francisco de Paula de Borbón, tío da Raíña Isabel II e pai do rei consorte, foi padriño da súa voda. Regresou á península en 1867 e ocupou distintos destinos en Vigo, Barcelona e Segovia. Retirouse en 1886 con 52 anos de idade sendo tenente coronel.
Achegas científicas
[editar | editar a fonte]En 1865 publicou na revista Memorial de artillería un artigo no que propoñía a construción dun dirixible cunha máquina de vapor incorporada e un sistema de propulsión a chorro. Esta solución era tecnicamente mellor en canto á capacidade da dirección da aeronave que o prototipo de Henri Giffard de 1852, considerado como o primeiro dirixible que podía manexarse por medio de timóns, a diferenza do globo aerostático. É probable que Rivera non coñecese a invención de Giffard polo illamento científico de España nesta época e tendo en conta ademais que residía nas illas Filipinas.
A comezos do século XX o desenvolvemento dos motores de explosión fixo que Rivera retomase o interese polos dirixibles cando xa estaba retirado do exército. Escribiu un libro titulado Memoria sobre navegación aérea, descriptiva de un sistema en 1904 e pouco despois patentou un modelo de dirixible, que naquel momento xa se coñecían especialmente grazas ás propostas de Ferdinand von Zeppelin.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA. (2017). La aportación de Manuel Rivera a la navegación aérea (en castelán). Madrid: Ministerio de Defensa y Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. ISBN 978-84-92546-26-8.